Somos
Trilitrate

Trilitrate é un proxecto audiovisual que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia.

Un pouco de historia

A banda somete cada nota a un rigoroso proceso de destilación, disolución e combinación das súas influencias, desdebuxando as liñas existentes entre o clásico, a música étnica, a contemporánea, a improvisación libre, o jazz, o hardcore…

Trilitrate fórmase en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Cuarteto Dumka, Suelen Estar Quartet, Peña), Marcos Padrón ao acordeón (Orquestra O.M.E.Ga, Cuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra e voz (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera, Peña). No 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde e realizan a gravación do seu primeiro disco: “Faláchesme na Man”. Eloxiado por crítica e público, impúlsaos a uns 2014 e 2015 frenéticos de festivais, actuacións e colaboracións.

O seu exuberante talento e orixinalidade culmina a finais do 2016 coa publicación de “Frutal Death”, segundo longa duración da banda. Os catro integrantes propuxéronse aquí sobrevoar para despois destruír todos e cada un dos estilos, acadando unha liña única aderezada por un salvaxe sentimento de independencia.

Actualmente, e tralo ingreso de Montse Piñeiro (debuxante, escenógrafa, iluminadora e animadora de stop-motion, premio María Casares 2018 á mellor escenografía) como nova xeradora da arte visual, atópanse embarcados na presentación do seu terceiro disco: “Está de Grelo”.

Neste novo e apaixonante traballo mergúllanse en timbres tan afastados do mundo acústico como a electrónica ou o black metal, sen abandonar as súas ferramentas analóxicas. Visitan xeografías musicais distantes como a africana ou a otomá, e traspasan a experiencia barroca e impresionista ao século XXI, ousados e inquebrantables na procura de novas sonoridades, acadando fronteiras endexamais atravesadas neste paso de xigante da agrupación.

 

ESTÁ DE GRELO (Ropeadope – Gandula, 2021)

12,00

CD de audio presentado en formato digisleeve. 46′
Gravado e mesturado por Javier Ortiz en Estudio Brazil (Madrid) e por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (Galicia)
Masterizado por JJ Golden, California.
Deseño de portada: Montse Piñeiro

In stock

Category: Tags: , , ,
 

Description

Terceiro longa duración de Trilitrate, apoiado polo selo norteamericano Ropeadope (Snarky Puppy; Medeski, Martin & Wood; Eddie Palmieri…) e o selo barcelonés Gandula (Za, Sara Fontán, Gambardella…).

Está de grelo sorpréndenos con trece temas que abren unha nova fenda aos contornos do folk, da música clásica e da contemporánea, polos que entrar a un paraíso sonoro sen limitacións, onde os leitos dos distintos xéneros musicais atópanse nun océano de esplendor, beleza e luminiscencia.

PUNTOS DE RECOLLIDA LOCAL

Se estás por Vigo ou arredores e queres mercar algún dos nosos produtos, podes contactar con nós no correo trilitrate@gmail.com.

Tamén podes atopar os nosos discos en Honky Tonk (Rúa da Falperra, 18, 36202 Vigo) e Tinta Negra (Rúa Irmandiños, 2, 36201, Vigo).