Description
Terceiro longa duración de Trilitrate, apoiado polo selo norteamericano Ropeadope (Snarky Puppy; Medeski, Martin & Wood; Eddie Palmieri…) e o selo barcelonés Gandula (Za, Sara Fontán, Gambardella…).
Está de grelo sorpréndenos con trece temas que abren unha nova fenda aos contornos do folk, da música clásica e da contemporánea, polos que entrar a un paraíso sonoro sen limitacións, onde os leitos dos distintos xéneros musicais atópanse nun océano de esplendor, beleza e luminiscencia.
PUNTOS DE RECOLLIDA LOCAL
Se estás por Vigo ou arredores e queres mercar algún dos nosos produtos, podes contactar con nós no correo trilitrate@gmail.com.
Tamén podes atopar os nosos discos en Honky Tonk (Rúa da Falperra, 18, 36202 Vigo) e Tinta Negra (Rúa Irmandiños, 2, 36201, Vigo).
A banda
Trilitrate é un proxecto audiovisual que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia…
Está de Grelo
Neste novo e apaixonante traballo mergúllanse en timbres tan afastados do mundo acústico como a electrónica ou o black metal, sen abandonar as súas ferramentas analóxicas. Visitan xeografías musicais distantes como a africana ou a otomá, e traspasan a experiencia barroca e impresionista ao século XXI, ousados e inquebrantables na procura de novas sonoridades, acadando fronteiras endexamais atravesadas neste paso de xigante da agrupación.